30/4/10

ATRASO NA CONVOCATORIA DA OEP

Na Comisión Paritaria, celebrada hoxe, 30 de abril, para informar sobre a situación actual da OEP, a empresa comunicounos que non se podían cumprir os prazos comprometidos no acordo do 26 de febreiro no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia por cuestíón de trámites administrativos en Facenda. Asuntos todos eles de fácil solución.

A empresa reafírmase en todo o acordado en relación coa OEP e di que son estes e non outros os motivos da demora e asegura cumprir con pactado trala resolución definitiva dos trámites pendentes.

 O Comité Interempresas acordou pedir a execución da sentenza dado o incumprimento dos prazos pactados no acordo e agarda que esta decisión sirva para axilizar dunha vez por todas os trámites precisos.

15/4/10

A OEP Á ESPERA DE SER CONVOCADA NESTE MES DE ABRIL.


Os representantes populares non contestan á petición do Comité Interempresas de manter una reunión para falar da consolidación de emprego na CRTVG.

Dende hai máis dun mes o Comité Interempresas ven mantendo contactos, a todos os niveis, para falar da Oferta de Emprego Público aprobada coa Dirección da CRTVG, hai xa tres anos, e bloqueada no Consello de Adnministración polos membros do PP de G.
Tras un novo acordo no TSXG coa Dirección para reformar algún aspectos da anterior proposta, acordo que serviu de base para resolver o conflicto colectivo presentado polo Comité Interempresas eses contactos intensificáronse. Nas últimas semanas o Comité reuniuse con representantes dos grupos parlamentares do PS de G-PSOE e do BNG, e tamén cos membros destas formación políticas no Consello de Administración da CRTVG

Todos eles coincidiron en amosar o seu apoio unánime e incondicional a esta OEP como un primeiro paso cara á consolidación de emprego nesta Compañía. Os membros do PS de G-PSOE e do BNG no Consello comprometeron o seu apoio á aprobación inmediata da convocatoria cando lle fose presentada.

Dende hai un mes o Comité Interempresas intenta celebrar una reunión cos membros PP de G no Consello de Administración. Malia que nun principio se comprometeron verbalmente a manter una xuntanza coa representación legal dos traballadores da CRTVG, despois esixíuselle ó Comité que presentara a solicitude por escrito. Así se fixo hai xa tres semanas, sen que ata esta data os conselleiros populares se dignasen contestar a esta petición.

O Comité Interempresas lamenta esta actitude que interpreta como un desprezo á única representación legal dos traballadores da CRTVG, e que contrasta coa rapidez e frecuencia con que se recibe a outros colectivos.

Os traballadores/as da CRTVG deben saber que esta OEP segue pendente do poicionamento e da actuación da Dirección que, dende o 26 de febreiro, aínda non presentou o acordo para a convocatoria ó Consello de Administración. O día 30 deste mes de abril remata o prazo establecido para esa convocatoria da OEP e o apoio do PP de G no Consello sería fundamental para acabar con este tempo de incertidume e espera.

5/4/10

ESTADO DA CONTRATACIÓN