17/12/10

COMUNICADO DO COMITE INTEREMPRESAS

15/12/10

OEP APROBADA POLO CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN

12/11/10

PARO: MARTES 16

5/11/10

29/10/10

O COMITE INTEREMPRESAS INFORMA

27/10/10

CONCENTRACIÓN DOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DA CRTVG NAS INSTALACIÓNS DE SAN MARCOS

Os traballadores e traballadoras da CRTVG, TVG e Radio Galega concentráronse nas instalacións da CRTVG en San Marcos ,convocadas polo Comité Interempresas, en defensa do futuro público da CRTVG e da estabilidade laboral.
Estas concentracións manteranse nas vindeiras semanas diante da Dirección Xeral mentres non se aclaren a incerteza xerada pola dirección da empresa ao non comprometerse coas reivindicación formuladas polos representantes do persoal: OPE de 220 prazas, imparcialidade dos tribunais nas probas de selección e compromiso co mantemento das prazas das delegacións territoriais da CRTVG.

25/10/10

POR UNHA RADIOTELEVISIÓN PÚBLICA


 
 

17/10/10

ESTADO DA CONTRATACIÓN A 30.09.2010

9/10/10

EN DEFENSA DOS MEDIOS PÚBLICOS

16/9/10

INFORMACIÓN DA COMISIÓN PARITARIA CELEBRADA O 14 DE SETEMBRO DE 2010

Na xuntanza da Comisión Paritaria celebrada o pasado 14 de setembro, a PARTE SOCIAL fíxolle á empresa tres propostas encamiñadas a recuperar os acordos acadados en relación coa OEP:

1. Incorporación inmediata do persoal que acadou praza na Promoción Interna. A parte social entende que a empresa dispón dos medios de contratación necesarios para dar solución ao persoal con interinidades en vacante de OEP que se poida ver afectado, sen necesidade de esperar á modificación do cadro de persoal.

2. Incorporación á OEP das prazas das delegacións declaradas en cesión ilegal por sentenza firme e valoración dos servizos prestados nas mesmas.

3. Elección ao chou dos membros dos tribunais entre o persoal fixo da CRTVG, TVG e RTG que reúna os requisitos de titulación esixidos, seguindo a fórmula do ensino. Designación dos lingüistas externos polos departamentos de filoloxía galega das universidades públicas de Galicia.

A EMPRESA mantivo en todo momento unha posición desfavorable a calquera negociación destas propostas aducindo:

1. A pretensión de resolver a Promoción Interna conxuntamente coa modificación do cadro de persoal (actualmente paralizada no Consello de Administración).

2. A imposibilidade de convocar as prazas das delegacións no actual contexto económico e sen ter decidido aínda se suprimen as delegacións ou as asumen con persoal propio.

3. A imposibilidade de valorar os servizos prestados nas delegacións, xa que o contrario sería recoñecer a irregularidade nas contratacións.

4. O nomeamento dos membros dos tribunais exclusivamente polo Director Xeral, propoñendo ademais que nas probas eliminatorias se estableza a cualificación de apto/non apto (proposta que foi rexeitada pola parte social).

Ante a falta de vontade negociadora da empresa, o Comité Interempresas iniciará as actuacións oportunas e anima aos traballadores e traballadoras afectados a realizar as consultas xurídicas precisas para reclamar os seus dereitos pola vía xudicial.

14/9/10

REFORMAS QUE FAN NECESARIA A FOLGA XERAL

A REFORMA LABORAL POSTA EN MARCHA POLO GOBERNO ESPAÑOL É A MÁIS REGRESIVA DENDE A ENTRADA EN VIGOR DO ESTATUTO DOS TRABALLADORES.

A reforma afonda de maneira radical os cambios nas relacións laborais co obxectivo de:

Asestar un golpe definitivo á negociación colectiva. Calquera empresa que vexa en risco os seus beneficios anuais pode descolgarse do convenio colectivo sectorial asinado e alterar unilateralmente as condiciones de traballo, incluída a xornada irregular.

Dar un paso definitivo para incorporar á lexislación laboral o despedimento libre e barato. A partir desta reforma increméntanse as posibilidades de despedir en función das previsións económicas ou da redución de ingresos (¡aínda que se teñan beneficios!), facilítanse aínda máis os despedimentos motivados por razóns organizativas e de produción tanto individuais como colectivos, ampliando os supostos de abono de indemnizacións de 20 días por ano traballado co tope de 12 mensualidades, en detrimento dos 45 días co tope de 42 mensualidades.

Pagar con cartos públicos os despedimentos. No colmo da incongruencia e a desvergoña política págase con diñeiro de todos e todas parte das indemnizacións recollidas nos contratos indefinidos ordinarios, de fomento da contratación indefinida e os despedimentos obxectivos. ¡O Goberno español quere fomentar o emprego financiando os despedimentos!

Fomentar a fraude e aumentar as bonificacións empresariais. Non se abordan as causas que permiten a inxente fraude na contratación temporal e parcial e como contrapartida regúlase de maneira lesiva para traballadoras e traballadores a duración do contrato por obra e servizo e ponse en risco a subrogación recollida en moitos convenios colectivos. Os empresarios reciben por todo isto bonificacións nas taxas da seguridade social polo simple criterio de que se cumpra a lei que eles están desregulando coa reforma.

Eliminar as trabas actualmente existentes para que as ETT actúen no sector público, na construción e nos sectores de risco. O que non só supón empeorar as condicións de traballo senón incrementar de maneira insensata os riscos laborais para as traballadoras e traballadores.

Non podemos entender esta reforma laboral de maneira illada xa que forma parte dunha política económica que está poñendo a disposición dos máis poderosos os recursos públicos e que está facendo deixazón das responsabilidades políticas dos gobernos para acrecentar o poder das grandes fortunas e da patronal. Esta é a saída á crise que o Goberno de Zapatero está impoñendo ás traballadoras e traballadores, co PP opoñéndose só porque quere medidas máis duras como a prohibición da folga durante a negociación colectiva.

A reforma laboral e as novas medidas anunciadas (Pensións, protección por Desemprego e Negociación Colectiva) FAN NECESARIA A FOLGA XERAL.

O COMITÉ INTEREMPRESAS CHAMA A TODOS OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DA CRTVG, TVG E RADIO GALEGA A PARTICIPAR ACTIVAMENTE NA XORNADA DE FOLGA XERAL DO DÍA 29 DE SETEMBRO, EN CONTRA DUNHA REFORMA LABORAL QUE ATENTA GRAVEMENTE CONTRA OS DEREITOS LABORAIS.

2/8/10

O COMITÉ INTEREMPRESAS CULPA Á DIRECCIÓN DO BLOQUEO DA OPE


O Comité Interempresas manifestou na xuntanza da Comisión Paritaria do pasado 28 de xullo o rexeitamento ás bases da convocatoria da OEP presentadas pola dirección.

A representación legal do persoal presentou as seguintes reclamacións:

1) Garantir a imparcialidade dos tribunais mediante nomeamento pactado.
2) Sumar ás 220 prazas ofertadas para San Marcos as prazas das delegacións declaradas en cesión ilegal por sentenza xudicial, ao abeiro do disposto no artigo 23 da Lei 9/2009 de Orzamentos Xerais da Comunicade Autónoma de Galicia.
3) Valorar a experiencia dos traballadores e traballadoras das empresas adxudicatarias do servizo de novas que prestaron os seus servizos nas delegacións da TVG e RG.
4) Pactar todas as modificacións derivadas do Informe de Facenda en relación coas bases da convocatoria da OEP.
5) Incorporar aos traballadores e traballadoras que acadaron praza na fase de Promoción Interna, reiterando a petición formulada na Comisión Paritaria do pasado 15 de xullo.

A Dirección non tivo en conta ningunha destas reivindicacións e levou a súa proposta de convocatoria  de OEP a aprobación do pleno do Consello de Administración do día 29 de xullo, co resultado de todos e todas coñecido: bloqueo por parte do PSdeG e BNG da modificación do cadro de persoal, que impide a convocatoria das 220 prazas acordadas.

O Comité Interempresas culpa á Dirección da situación creada pola súa incapacidade para dialogar e chegar a acordos, e apela á súa responsabilidade para poder culminar o proceso de consolidación de emprego co consenso de todas as partes implicadas.

15/7/10

O COMITÉ INTEREMPRESAS RECLAMA A INCORPORACIÓN DO PERSOAL DA PROMOCIÓN INTERNA

Ante o auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que desestima a petición de execución do acordo do 26 de febreiro respecto á convocatoria da quenda libre do proceso selectivo (ata que finalicen os trámites para acadar a autorización conxunta de Orzamentos e Función Pública), pero que non se pronuncia sobre a incorporación do persoal que obtivo praza na promoción interna, o Comité Interempresas solicitou unha xuntanza urxente, celebrada hoxe, na que reclamou a incorporación inmediata do persoal da promoción interna.

Na xuntanza de hoxe a dirección da empresa comunicou que os trámites na Xunta xa están rematados e que neste mes de xullo levará a aprobación da modificación do cadro de persoal e a convocatoria de OEP ao Consello de Administración. Con respecto á toma de posesión das prazas de promoción interna, o director de Recursos Humanos afirmou que "se produciría con efectos de primeiros de agosto".

14/7/10

PROPOSTA PARA UNHA REFORMA DEMOCRÁTICA DA RADIO E A TELEVISIÓN PÚBLICAS DE GALIZA

Comparecencia do presidente do Comité Interempresas da CRTVG, RG e TVG no Relatorio de reforma do marco legal da Compañía de Radio-Televisión de Galiza e as súas sociedades, no Parlamento de Galiza, o 13 de xullo de 2010.

13/7/10

O COMITÉ DE EMPRESA DA TVG IRROMPE NO CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN DA CRTVG CONTRA A EXTERNALIZACIÓN DA PRODUCIÓN

O comité de empresa da TVG e delegados sindicais dos sindicatos CIG, UXT, USO e CCOO, irromperon o pasado venres, día 9 de xullo, ás doce do mediodía, no pleno do consello de administración da CRTVG para reclamar que se poña fin á política de externalización da programación da canle autonómica, política que se ven acentuando desde o relevo da dirección xeral, ata o punto de que practicamente o cen por cen da programación non informativa do verán se vai a producir con empresas externas.

A externalización masiva da produción da TVG supón unha infrautilización dos recursos técnicos e humanos da canle pública, o que representa unha duplicidade de gastos, e pon en perigo a continuidade de moitos postos de traballo na CRTVG. A contratación indiscriminada da produción de programas da TVG constitúe unha dilapidación dos recursos públicos, en contradición coa política de aforro anunciada polo presidente do Goberno da Xunta de Galicia.

7/7/10

"GALEGOS NO MUMDO" PRIVATÍZASE

O pasado día 3 de xuño, ante unha pregunta do comité de TVG, que sospeitaba un cambio de rumbo na produción do programa Galegos no Mundo, a directora da TVG, Rosa Vilas, confirmou que este espazo está agora en mans dunha produtora allea, Portocabo TV.

Hai máis de 20 anos que a TVG se convertiu en pioneira en toda España coa primeira emisión de Galegos no Mundo, un programa que percorría o mundo en busca da identidade galega que se espallou máis alá das nosas fronteiras. Un espazo histórico feito por galegos e para galegos.

É lamentable que a Dirección de Televisión de Galicia se incline deste xeito a favor da externalización, pronunciándose en termos como que “somos caros”, e que “debemos apostar polos low cost”. Será obedecendo a esta premisa polo que a TVG ten agora máis da metade da súa produción en mans de produtoras alleas.

Queremos traballar. A día de hoxe, o comité de TVG, como órgano representante das traballadoras e dos traballadores desta empresa, vese na obriga de asumir este lema para frenar a xestión da Dirección da TVG, encamiñada a unha progresiva externalización da produción.

Os traballadores e traballadoras da TVG queremos seguir facendo produción propia interna, tal e como xa viñamos realizando nestes 25 anos.Somos unha canle pública autonómica, e a nosa función e a nosa obriga é precisamente desenvolver os contidos audiovisuais que demandan as galegas e galegos. Se non o facemos así, defraudamos a confianza depositada pola cidadanía nesta empresa.

A Dirección de Televisión de Galicia esqueceu que xestiona un servizo público cos cartos das galegas e galegos. O que está facendo con estes cartos é derivalos a empresas alleas, algunhas das cales buscan única e exclusivamente un beneficio económico, sin contribuir a creación dun tecido industrial do audiovisual galego.

Este Comité de empresa non pode admitir que neste momento de crise económica non se optimicen os recursos económicos, humanos e técnicos da TVG ameazando a súa sostenibilidade.

Comité de Empresa de TVG
San Marcos, 6 de Xullo de 2010

30/6/10

Redución salarial do 5% en xuño

Redución salarial

23/6/10

Redución salarial do 5%



A Crise e só para os traballadores.

A Crise  e só para os traballadores.

3/6/10

27/5/10

O COMITÉ INTEREMPRESAS CHAMA A SUMARSE Á FOLGA DO 8 DE XUÑO

O Comité Interempresas apoia a folga convocada para o vindeiro día 8 de xuño contra o severo plan de axuste presentado polo Goberno, que afecta gravemente aos/as empregados/as públicos/as, pensionistas, dependentes e desempregados/as.

O Comité Interempresas chama aos traballadores e traballadoras da CRTVG, RTG e TVG a que o vindeiro día 8 de xuño se sumen a esta convocatoria de folga.

12/5/10

POLA ESTABILIDADE DO EMPREGO, NON AOS RECORTES NA CONTRATACIÓN TEMPORAL

Dende a toma de posesión, a actual dirección prescindiu de contratos de obra nas áreas de programas da radio e a televisión, alegando o novo contorno de restrición orzamentaria. Do mesmo xeito, está deixando de cubrir substitucións por baixas, permisos ou vacacións do persoal. Das 220 prazas do cadro de persoal á espera de convocatoria pública, aínda fican se ocupar preto dun cento. Coa recrúa da crise económica e os recortes orzamentarios no sector público, é de supoñer que a situación se agrave e a empresa afonde na liña de redución da contratación temporal.

Neste contexto, manter a actual situación de bloqueo da Oferta de Emprego Público non fai máis que crear incerteza e poñer en perigo a continuidade de moitos postos de traballo. A representación sindical cre urxente a convocatoria da OEP para asegurar a cobertura das 220 prazas do cadro de persoal fixo.

Unha vez rematada a OEP, cómpre actualizar o cadro de persoal (coa revisión da estruturalidade, a identificación das vacantes e a negociación das delegacións) e proceder á provisión das prazas resultantes mediante a convocatoria dunha nova oferta de emprego público.

Do punto de vista do Comité Interempresas, esta é a única maneira de dar maior estabilidade e seguridade ao emprego na CRTVG.

11/5/10

9 DÁIS POR ASUNTOS PARTICULARES AO CUMPRIR 24 ANOS

A parte social e a empresa chegaron hoxe a un acordo en Comisión Paritaria polo que o persoal que cumpra 24 anos de antigüidade na empresa dispoñerá de un día adicional de asuntos particulares. Péchase deste xeito a interpretación do artigo 48.2 do Estatuto Básico do Empregado público, que ofrecía dúbidas sobre o goce de un día adicional "por cada trienio cumprido a partir do oitavo". Con este acordo o persoal que cumpra 24 anos de permanencia na empresa dispoñerá dun total de 9 días por asuntos particulares, que poderá gozar con dereito a remuneración

7/5/10

CIG, UXT, USO E CCOO DEMANDAN A EXECUCIÓN DO ACORDO DE CONVOCATORIA DA OEP INCUMPRIDO POLA DIRECCIÓN DA CRTVG

Os sindicatos CIG, UXT, USO e CCOO presentaron onte na Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia escrito polo que demandan a execución da Oferta de Emprego Público, segundo acordo acadado ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o pasado 26 de febreiro.

A demanda baséase no incumprimento por parte da dirección da empresa dos compromisos adquiridos coa parte social, referidos á convocatoria da quenda libre do proceso selectivo e a incorporación do persoal que obtivo praza na promocións interna, así como á tramitación da aprobación formal da convocatoria por parte do Consello de Administración, no prazo máximo do mes de abril.

Os sindicatos representados no Comité Interempresas solicitan ao tribunal que se dite auto de execución do citado acordo e advirta á dirección da empresa das posibles sancións económicas e mesmo das responsabilidades persoais en que pode incorrer polo incumprimento manifesto dos compromisos adquiridos.

30/4/10

ATRASO NA CONVOCATORIA DA OEP

Na Comisión Paritaria, celebrada hoxe, 30 de abril, para informar sobre a situación actual da OEP, a empresa comunicounos que non se podían cumprir os prazos comprometidos no acordo do 26 de febreiro no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia por cuestíón de trámites administrativos en Facenda. Asuntos todos eles de fácil solución.

A empresa reafírmase en todo o acordado en relación coa OEP e di que son estes e non outros os motivos da demora e asegura cumprir con pactado trala resolución definitiva dos trámites pendentes.

 O Comité Interempresas acordou pedir a execución da sentenza dado o incumprimento dos prazos pactados no acordo e agarda que esta decisión sirva para axilizar dunha vez por todas os trámites precisos.

15/4/10

A OEP Á ESPERA DE SER CONVOCADA NESTE MES DE ABRIL.


Os representantes populares non contestan á petición do Comité Interempresas de manter una reunión para falar da consolidación de emprego na CRTVG.

Dende hai máis dun mes o Comité Interempresas ven mantendo contactos, a todos os niveis, para falar da Oferta de Emprego Público aprobada coa Dirección da CRTVG, hai xa tres anos, e bloqueada no Consello de Adnministración polos membros do PP de G.
Tras un novo acordo no TSXG coa Dirección para reformar algún aspectos da anterior proposta, acordo que serviu de base para resolver o conflicto colectivo presentado polo Comité Interempresas eses contactos intensificáronse. Nas últimas semanas o Comité reuniuse con representantes dos grupos parlamentares do PS de G-PSOE e do BNG, e tamén cos membros destas formación políticas no Consello de Administración da CRTVG

Todos eles coincidiron en amosar o seu apoio unánime e incondicional a esta OEP como un primeiro paso cara á consolidación de emprego nesta Compañía. Os membros do PS de G-PSOE e do BNG no Consello comprometeron o seu apoio á aprobación inmediata da convocatoria cando lle fose presentada.

Dende hai un mes o Comité Interempresas intenta celebrar una reunión cos membros PP de G no Consello de Administración. Malia que nun principio se comprometeron verbalmente a manter una xuntanza coa representación legal dos traballadores da CRTVG, despois esixíuselle ó Comité que presentara a solicitude por escrito. Así se fixo hai xa tres semanas, sen que ata esta data os conselleiros populares se dignasen contestar a esta petición.

O Comité Interempresas lamenta esta actitude que interpreta como un desprezo á única representación legal dos traballadores da CRTVG, e que contrasta coa rapidez e frecuencia con que se recibe a outros colectivos.

Os traballadores/as da CRTVG deben saber que esta OEP segue pendente do poicionamento e da actuación da Dirección que, dende o 26 de febreiro, aínda non presentou o acordo para a convocatoria ó Consello de Administración. O día 30 deste mes de abril remata o prazo establecido para esa convocatoria da OEP e o apoio do PP de G no Consello sería fundamental para acabar con este tempo de incertidume e espera.

5/4/10

ESTADO DA CONTRATACIÓN